Fragas do Eume Parque natural
Situación
Concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.
Extensión
9.127 ha.
Accesos
O traxecto máis usual vai dende o centro de Pontedeume ata a fraga pola estrada local con desvío por Ombre cara ó mosteiro de Caaveiro. Outro diríxese cara Rebordelo cortando para o mosteiro de Monfero. Dende As Pontes acceso á presa do Eume. As pistas que penetran no Parque son de ida e volta sen comunicación entre si.
Descrición
O río Eume ronda os cen quilómetros de lonxitude. Dende o límite provincial da Coruña e Lugo ata a desembocadura na ría de Ares conserva as ribeiras máis ricaces da rede hidrográfica Norte. É un dos últimos bosques atlánticos, relicto da Era Terciaria, que conserva o manto vexetal autóctono. Carballos e máis castiñeiros manifestan as diferentes tonalidades das estacións, dos verdes intensos ós amarelos outonizos ou á floración dos castiñeiros a comezos do verán. Chéganse a pintar bosques de cores dentro da fraga, completada con loureiros, érbedos ou acivros. E nas ribeiras, atención ós fentos. Algúns pés pertencen a especies arborescentes excepcionais. O ambiente é de abigarrada selva, tanto que se nos sorprende unha chaparrada de verán nas vereas tardará en mollarnos embaixo do paraugas das follas. As ladeiras inclinadas só permiten o acceso seguindo o curso do río a través do couto pesqueiro de Ombre, a penas a dez quilómetros de Pontedeume. En xeral está considerado un moi bo treito de pesca fluvial. A excursión máis recomendable é chegar, pé en terra, ó mosteiro de Caaveiro que, dende un outeiro, permite ter unha panorámica de conxunto. As ruínas do mosteiro benedictino, o máis antigo en Galicia do que se conservan mencións, son todo un escenario sacado dun cadro romántico. Non sería difícil comprender a historia que sitúa a Lord Byron fascinado por esta paraxe. Outro itinerario levaríanos en dirección a Rebordelo, capital municipal do concello de Monfero, para visitarmos o mosteiro de Santa María de Monfero de grande orixinalidade pola súa fachada barroca axedrezada con lascas de lousa. Logo penetrarmos no Parque onde a cola do encoro do Eume recibe ó río de Frei Bermuz nunha vizosa paisaxe. FLORA: Carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea sativa) son as especies dominantes. Áchase érbedo (Arbutus unedo) e loureiro (Laurus nobilis). Fentos de grande interese: Culcita macrocarpa, Hymenophyllum tumbrigense e Woodwardia radicans. FAUNA: Presencia do bufo real (Bubo bubo) con poucas parellas en Galicia; e o insecto Endromis versicolor, moi raro. Especies piscícolas. SERVICIOS: Proxecto EuroEume que agrupa a oito casas de turismo rural, un hotel da natureza, dous albergues e oito cantinas típicas nas localidades que rodean o Parque.

No hay comentarios:
Publicar un comentario