domingo, 24 de mayo de 2009

Fragas do Eume Parque natural


Fragas do Eume
Parque natural






Situación
Concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.


Extensión
9.127 ha.


Accesos
O traxecto máis usual vai dende o centro de Pontedeume ata a fraga pola estrada local con desvío por Ombre cara ó mosteiro de Caaveiro. Outro diríxese cara Rebordelo cortando para o mosteiro de Monfero. Dende As Pontes acceso á presa do Eume. As pistas que penetran no Parque son de ida e volta sen comunicación entre si.
Descrición
O río Eume ronda os cen quilómetros de lonxitude. Dende o límite provincial da Coruña e Lugo ata a desembocadura na ría de Ares conserva as ribeiras máis ricaces da rede hidrográfica Norte. É un dos últimos bosques atlánticos, relicto da Era Terciaria, que conserva o manto vexetal autóctono. Carballos e máis castiñeiros manifestan as diferentes tonalidades das estacións, dos verdes intensos ós amarelos outonizos ou á floración dos castiñeiros a comezos do verán. Chéganse a pintar bosques de cores dentro da fraga, completada con loureiros, érbedos ou acivros. E nas ribeiras, atención ós fentos. Algúns pés pertencen a especies arborescentes excepcionais. O ambiente é de abigarrada selva, tanto que se nos sorprende unha chaparrada de verán nas vereas tardará en mollarnos embaixo do paraugas das follas. As ladeiras inclinadas só permiten o acceso seguindo o curso do río a través do couto pesqueiro de Ombre, a penas a dez quilómetros de Pontedeume. En xeral está considerado un moi bo treito de pesca fluvial. A excursión máis recomendable é chegar, pé en terra, ó mosteiro de Caaveiro que, dende un outeiro, permite ter unha panorámica de conxunto. As ruínas do mosteiro benedictino, o máis antigo en Galicia do que se conservan mencións, son todo un escenario sacado dun cadro romántico. Non sería difícil comprender a historia que sitúa a Lord Byron fascinado por esta paraxe. Outro itinerario levaríanos en dirección a Rebordelo, capital municipal do concello de Monfero, para visitarmos o mosteiro de Santa María de Monfero de grande orixinalidade pola súa fachada barroca axedrezada con lascas de lousa. Logo penetrarmos no Parque onde a cola do encoro do Eume recibe ó río de Frei Bermuz nunha vizosa paisaxe. FLORA: Carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea sativa) son as especies dominantes. Áchase érbedo (Arbutus unedo) e loureiro (Laurus nobilis). Fentos de grande interese: Culcita macrocarpa, Hymenophyllum tumbrigense e Woodwardia radicans. FAUNA: Presencia do bufo real (Bubo bubo) con poucas parellas en Galicia; e o insecto Endromis versicolor, moi raro. Especies piscícolas. SERVICIOS: Proxecto EuroEume que agrupa a oito casas de turismo rural, un hotel da natureza, dous albergues e oito cantinas típicas nas localidades que rodean o Parque.

Luar Na Lubre - Lonxe da Terriña

(Tradicional-LNL) Tema en dúas partes de orixe tradicional, a primeira é unha cantiga secular procedente de Malpica (A Coruña) con cadencias moi particulares que a relacionan con certos aires do M...







"Daquela comiamos moita froita"


COPRETÉRITO:

sinala a coincidencia da acción cun momento do pasado:
"Daquela comiamos moita froita"


andaba

andabas

andaba

andabamos

andabades

andaban



varría

varrías

varría

varriamos

varriades

varrían



partía

partías

partía

partiamos

partiades

partían

1ª Conxugación 2ª Conxugación 3ª Conxugación





Non hai tempos compostos na conxugación dos verbos galegos
1ª Conxugación 2ª Conxugación 3ª Conxugación
ANDAR VARRER PARTIR
INDICATIVO
O modo da realidade
PRESENTE: a acción que presenta ocorre no mesmo momento en que se fala:

"Varro a escaleira e axiña xogamos"

ando
andas
anda
andamos
andades
andan

varro
varres
varre
varremos
varredes
varren

parto
partes
parte
partimos
partides
parten


branco, vermello, amarelo, alaranxado, azul, añil, morado...

AS CORES DO ARCO DA VELLA

un, dous, tres...


primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, SÉTIMO, OITAVO, noveno, décimo...
un, dous, tres, catro, cinco,seis, sete, oito, nove, dez...DEZASEIS, DEZASETE,DEZAOITO, DEZANOVE...VINTE.
TRINTA...CORENTA....

verbos regulares
















Celso Emilio Ferreiro: Eu en ti


Eu xa te busquei,
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te chamei,
cando soio a voz do vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te procurei,
no comenzo dos mares e das chairas,
cando Deus procuraba compaña,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei,
cando soio o vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei,
cando o amor era unha folla branca,
cando a lúa namoraba ós altos cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre, sempre,
dende a neve dos tempos,
sempre, sempre,
eu na túa alma.

Celso Emilio Ferreiro